jueves, 5 de diciembre de 2019

3 Decembro

No Club de Lectura: "O neno Can", un libro con recoñecemento internacional, de unha editorial galega: Galaxia, e autores galegos

Celebrando o seu Éxito no 2013
No ano 2013, o libro de Fina Casalderrey e Francisco Castro "O neno can",  editado a favor de Unicef (a editorial Galaxia lle dona parte dos beneficios da súa venta), tivo o honor de pasar a formar parte da "Lista Outstanding Booksque recolle os títulos máis destacados polo seu tratamento da discapacidade.

Esta lista é elaborada polo Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais, creado en 1985 no Norwegian Institute for Special Education da Universidade de Oslo e ofrece servizos de información, consulta e documentación sobre esta temática. Grazas aos seus proxectos internacionais, que contan co apoio de Unesco e de varias editoriais, a institución posúe unha gran colección de libros para nenos e mozos e tamén para adultos con dificultades de linguaxe e de lectura.
Este foi o libro elexido para o Club de Lectura, como modo particular de conmemorar esta data. Os seus membros, "viviron" ca lectura as experiencias dos seus protagonistas acompañados dos seus respectivos cans,  que pola súa descripción semellan  ser todos o mesmo, como para indicar que todas as historias ián tratar un elemento común : a carencia dalgún dos seus dereitos  vulnerados. Aakesh pasa fame e busca comida para alimentarse él e a súa avoa; Nadim e Altair, sofren a explotación; Kai perdeu a súa casa e ao seu irmán maior despois dun terrible ciclón, polo que desde entonces ninguén o coñece polo seu nome; Leila ten que casar cun home da mesma idade que o seu pai; Carlos, ten que facerse á idea de ser como os demáis a pesar de moverse cunha cadeira de rodas...
Historias moi crúas que reflexan a ternura dos protagonistas aos que so un can lles da máis seguridade e compañia que os humanos que os rodean.
Ainda que os amantes da acción e as pesquisas non atoparon nel o que buscaban, aos máis sensibles tocoulles o seu corazonciño. Bravo por vos!!
Ainda que non nos deu tempo a ver o corto: "Acabar coa explotación infantil", relacionado cunha das historias do libro, queda aquí o enlace por si queredes velo: https://youtu.be/pHsvUaUnsWY
Vémonos co próximo libro!

No hay comentarios: