4 de Decembro
Hoxe, o Teatro viu ao colexio!

"U-la Lúa?" é unha proposta chea de valores como a tenrura, o respecto ou a
solidariedade e onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Lúa é unha
gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa.
No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non
ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais Lúa soña
con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario