jueves, 19 de diciembre de 2019

"A  maxia do noso"

Desde a Mariña lucense á Riveira Sacra, desde os Ancares ao Galiñeiro, desde a Costa da Morte ata o estuario do Miño, Galicia rezuma encanto. É un tapiz cheo de lugares cuxa maxia te envolve e faite desexar volver.
Na exposición "A maxia do noso" queda patente, do mesmo xeito que na árbore de Nadal, a cantidade destes recunchos especiais coñecidos polos alumnos e as súas familias a quenes lle damos as gracias por colaborar co proxecto e compartir con todos estas bonitas imaxes.
Votarlle unha ollada! Nela poderedes observar imaxes que, se cadra, vos traerán lembranzas dunha velada inesquecible en lugares que xa estivestes, ou tal vez descubrades entre elas algún lugar descoñecido que ben podería ser o destino das vosas próximas vacacións!! Quen sabe!! En calquera caso, sempre descubriremos que existen, e que non hai que ir moi lonxe para disfrutar dun destino fermoso pois ao ladiño da casa, preto de nos, na nosa fermosa Galicia, hai lugares máxicos nos que soñar!

Moitas gracias, familias! 
Seguimos contando convosco para  darlle vida ao proxecto e cumplir os seus obxectivos!



No hay comentarios: