E chegou o gran día!
Atrás quedaron os nervios nos ensayos. Chegou a despedida!
Por suposto, no derradeiro día non faltou a visita de Papa Noel que sorprendeu a todos coa súa gran dimensión e amabilidade, despois dunha
animada mañá de actuacións nas que moitos puideron amosar as súas excelentes habilidades para a música, o baile e o canto. Xilófonos, flautas, triángulos e voces arxentinas con coreografías do máis orixinal consolidaron unha mañá moi artística. O esforzo dos titores de E. Infantil e o gran traballo da profesora Elsa foron evidentes en todas as actuacións.
Bravo a todos por conseguir unha mañá magnífica!
E como todo gasto enerxético debe ser restaurado, o día rematou cunha rica merendola!
No hay comentarios:
Publicar un comentario