domingo, 2 de febrero de 2025

30 Xaneiro

"Mamá robot", en "Cóntoche un conto"

Sela e Pablo lembráronnos o importante que é poñer o noso
granito de area no noso propio fogar
para mantelo limpo e en orde. Deste xeito, lograremos ter máis tempo para xogar e gozar xuntos. Fixérono, léndonos a divertida historia de
Benoît Brousie: "Mamá robot".

A protagonista, unha mamá "ao servizo" de todas as pequeñeces e caprichos dos demais membros de fogar a horario completo, sen descansos nin recoñecementos, decide un bo día "declararse en folga", e... E, entón, todos descobren que, lonxe de vivir unha "catástrofe", ao facer cada un as pequenas cousas diarias que están dentro das súas capacidades, converte o seu fogar nun lugar máis feliz para todos!

Non só non lles supón un trauma, senón que, failles sentirse máis orgullosos e satisfeitos de ser máis responsables e axúdalles a ter máis tempo dispoñible para gozar xuntos coa súa mamá!

Xa sabedes o segredo dun fogar máis feliz! Agora toca polo en práctica!

Moitas grazas Pablo e Sela por esta divertida e instructiva historia!

Esperamos volver escoitarvos de novo moi pronto cunha nova historia!


No hay comentarios: