16 Febreiro
"Leolo Comunica": Unha rosa a cambio dunha entrevista!
![]() |
Celia, Antía y Ainhoa dispuestas a cambiar sus hermosas rosas por entrevistas |
Con motivo da celebración de san Valentín, (14 de febreiro), o Día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) e a festa do entroido, o equipo de radio, "Leolo Comunica", decidiu saír á rúa para pescudar que coñecen, que opinan e como celebran ditas datas os cidadáns vigueses. Coincidindo co día de san Valentín, (data importante para as persoas namoradas e para aquelas que atesouran unha auténtica e irrompible amizade), o equipo de radio saíu á rúa disposto a alegrar ese día tan sinalado aos transeúntes que tivesen a fortuna de cruzarse no seu camiño. Como? Cun gran sorriso e moita ilusión, regalarían unha fermosa rosa a todas aquelas persoas que se mostrasen colaboradoras respondendo as súas preguntas. Un trueque xusto!
Agradecemos a Alejandra, Rosa, Patricia, Lorena, Manu, Mateo, Patricia e Mercedes a súa alegre colaboración e a súa paciencia. Moitísimas gracias!
Se queres saber o resultado da súa aventura: canto sabe a xente sobre o amor, como celebran o entroido e o ben que coñecen a Rosalía de Castro e a súa obra, só tes que premer na seguinte ligazón.
https://go.ivoox.com/sq/2536512
E, se ao finalizar queres divertirte un rato, proba a averiguar canto sabes ti, a túa familia ou os teus amigos, sobre o tema facéndolles as mesmas preguntas! Deixa que te sorprendan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario