12 Febreiro
"Dentro de nuestra mamá", en "Cóntoche un conto"
Celia y Antía de 5º A, léronnos esta fermosa obra de Jo Witek. Un álbum que axuda aos nenos a ver a espera dun novo hermaniño como unha experiencia inesquecible, e a súa chegada, como un feito excepcional.Evita os celos dos irmáns maiores, facéndolles vivir a aventura do novo nacemento, desde unha visión de coprotagonistas dunha fermosa aventura. Unha aventura na que eles terán un papel moi importante: serán os encargados de recibirlle, compartir as súas experiencias... A chegada do novo hermaniño convérteos, non en ex-reis do fogar destronados por un novo "intruso", senón nun apoio imprescindible para os papás. Polo tanto, a nova chegada axúdalles "a subir de nivel" pois, todos seguen a querelos moito, moito, moito.. Pero, agora ademáis, son moi importantes e necesarios!
Parabéns polo voso éxito e moitas grazas por compartir con todos esta lectura tan tenra.
Esperamos escoitarvos de novo moi pronto cunha nova aventura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario