13 Febreiro
Unha invitada moi especial en "Cóntoche un conto"!
Hoxe, Carol, Zoe e Enma, contáronnos "Croco". Unha tenra historia, de Roberto
Aliaga, que nos mostra como o pequeno crocodilo debe adaptarse a novos retos para satisfacer as súas necesidades e, resolver el só, os conflitos que lle xorden no camiño.
A sesión contou coa presenza de alguén moi especial entre o público! As protagonistas convidaron á profesora Sara, quen, coa súa dozura característica, escoitou con atención o desenvolvemento da sesión e felicitounas pola súa valentía e o seu bo facer.
Sen dúbida, ademais do aplauso dos asistentes, foron as palabras da súa anhelada convidada o maior premio ao seu esforzo! Moitas grazas profe Sara por converter esta sesión en inesquecible para estas grandes lectoras! Parabéns Carol, Emma e Zoe! Esperamos escoitarvos moi pronto cunha nova historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario