domingo, 23 de febrero de 2025

 15 Febrero

" A Paz", nas ondas de Leolo Comunica

Equipo de Leolo Comunica  investigando
O 30 de Xaneiro, celébrase o Día Escolar da Paz.

En todos os colexios, os seus patios e aulas énchense de actividades que lembran ao alumnado o importante e necesario que é velar polo entendemento, o diálogo e a tolerancia para unha existencia en harmonía. Faise un repaso dos valores fundamentais e cítase a persoas que velaron polos devanditos valores e o seu dereito para gozalos mesmo, en ocasións, arriscando as súas vidas. Algúns dos seus nomes ecoan con frecuencia nos oídos dos máis pequenos: Malala, Gandhi, Nelson Mandela, Martin Luther King... Todos fixeron historia mellorando o mundo e dándonos exemplo. En "Leolo Comunica", quixeron dedicarlle unha breve sesión á Paz e os seus defensores. Aquí, nesta ligazón, poderedes escoitar o resultado:

https://go.ivoox.com/sq/2536165


No hay comentarios: