31 Xaneiro
"Elmer" na sesión de "Contacontos de Familias"
O mes de Xaneiro finalizou cunha nova sesión de "Contacontos de Familias" como broche de ouro. Nesta nova sesión, Liv e a súa Familia proporcionáronnos unha tarde didáctica e moi divertida co elefantito multicolor "Elmer", de David McKee . Este alegre e colorido personaxe, inmerso nun mundo de elefantes grises, ensínanos o importante que é valorar as nosas diferenzas e respectar as dos demais, aceptarnos e querernos como somos e potenciar positivamente as calidades que nos levan a ser distintos aos que nos rodean e que nos fan especiais e únicos. A sesión, ademais de ser escenificada por Liv e os seus papás, finalizou cunha divertida actividade na que os máis pequenos puideron caracterizarse do doce e alegre Elmer do mesmo xeito que Liv, ademais de dar renda solta á súa creatividade como creadores do seu particular Elmer multicolor. Unha divertida sesión pola que agradecemos a Liv e a súa Familia a súa colaboración e felicitámoslles polo seu éxito. Tamén agradecemos a todas as familias que fixeron un oco na súa ocupada axenda para asistir e apoiar esta actividade e reiteramos a nosa invitación a toda a comunidade educativa a animarse e ser os seguintes protagonistas cos pequenos da súa Familia!Aquí vos deixamos un moi breve resumen da divertida sesión:
Parabéns á Familia de Liv polo éxito de hoxe!
Esperamos poder seguir contando convosco en todas nosas futuras propostas!
Se non podedes ver o resumen, pinchade no seginte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario