miércoles, 12 de febrero de 2025

 12 Febreiro

"Kallaikoi. O mar dás meigas", na Biblioteca

Hoxe, mércores, na Biblioteca, proxectamos
"Kallaikoi. O mar dás
meigas". O curto musical de Jorge Martínez Vázquez, gañador do premio no Ciclo Internacional de Cinema Submarino de San Sebastián, na categoría musical. Coa fauna e a flora da Ria de Vigo como protagonistas.
Guiados pola
profesora Chelo, quen fixo a presentación do curto, o alumnado de primaria puido gozar do multicolor fondo submarino da ría de Vigo,
a través do obxectivo do videocámara. O congro, o cabaliño de mar, o peixe ballesta, a centola, o peixe rei, o peixe doncela, a sepia, o bogavante, o pulpo, o gobio, a pintarroja, o san martiño... Uns mimetizados coa contorna, como o rodaballo, outros mostrando a súa elegancia natatoria, como a raia, outros xogando ao agocho entre algas, esponxas ou bosques de cenorias mariñas, como diversos nudibranquios vestidos coas súas rechamantes cores chillones, ningún membro representativo da especial e única biodiversidade da ría faltou á súa cita coa cámara.
Unha breve pero intensa sesión na que os asistentes puideron pasar uns minutos en unión coa nosa exquisita riqueza mariña. Ao longo dos próximos días, continuaremos coa proxección, para que tamén os máis pequeniños poidan gozar deste espectacular tesouro que encerra a nosa ría.



No hay comentarios: