sábado, 15 de febrero de 2025

 14 Febreiro


Laura, Emma e Uma contáronnos: "Palabras con corazón"


Nunha data tan sinalada como o "Día de
san Valentín", Laura, Emma e Uma proporcionáronnos unha sesión de "Cóntoche un conto" moi acorde coa devandita celebración.

Coa obra "Palabras con corazón", de Kate Jane Neal, lembráronnos o gratificante e curativo que pode ser, non só escoitar, senón tamén dicir, aos demais palabras positivas, optimistas, doces, amables, de ánimo, de apoio, de amizade, de comprensión, de perdón... ou sexa: dicir "palabras con corazón"! Ademais elas mesmas acompañaron a lectura coas súas propias creacións para ilustrala máis claramente! Moitísimas grazas Emma, Laura e Uma, por lembrarnos algo tan importante como a necesidade de comunicarnos con "palabras con corazón", que todo o vencen (medo, pena, dúbida, tristeza, rancor, desasosego, dor...) Parabéns polo voso éxito e esperamos volver escoitarvos moi pronto con outra fermosa historia!


No hay comentarios: