jueves, 6 de febrero de 2025

 4 Febreiro

"El cervatillo valiente" na sesión de "Cóntoche un conto" con Mariña, Aisha e Adriana

Nesta obra, Jillian Harker, móstranos que a valentía reside en todos nós.

Aínda cando nos creamos con pouco lanzo, podemos ser capaces de afrontar os máis difíciles retos, do mesmo xeito que o cervato da historia.

Ao ver que alguén pode necesitar a nosa axuda, dispárase o resorte que activa o noso valor e apresurámonos a realizar accións das que xamais sospeitásemos que seriamos capaces.
Unha fermosa historia magníficamente ilustrada que poderás tomar prestada na biblioteca para volver gozala na túa casa.

Aisha, Adriana e Mariña, parabéns polo voso éxito! Esperamos volver escoitarvos pronto cunha nova historia! Moitas grazas pola vosa frecuente colaboración!


No hay comentarios: