domingo, 31 de marzo de 2024

Marzo

Ángeles Escrivano visítanos para animarmos á lectura

Somos afortunados! Temos a sorte de gozar dunhas
fermosas Bibliotecas! Pero, desde cando é así? Quen impulsou a súa creación? Quen dedicou innumerables horas para darlle forma?
Este mes tivemos a gran sorte de contar cunha desas persoas. Visitounos a profesora Ángeles Escribano!!
A profesora Ángeles Escrivano, compañeira do colexio durante moitos anos, regalounos unhas marabillosas sesións de contacontos coas que entusiasmou a todo o alumnado de Infantil e, tamén, ao alumnado maior, de de Primaria. Con historias dinámicas como "La escalera" de Beatriz Montero, "La siesta perfecta" de Pato Mena, "El cascabel de la gata" de Pablo Albo, "Superlucas" de Marina Hernández Ávila, "Un mundo maravilloso" de Pinillos J.S.... lembrou aos máis pequenos a importancia da responsabilidade, do compromiso, de respetar as diferencias e a identidade dos demais... Con "Benditos errores" de Soledad romero Mariño ou a serie de "Enigmas de Ciencias/Historia/..." de Victor Escandell, animó a los mayores a poner a prueba su ingenio.
Por suposto, non faltou un tempo para a poesía, pois sabemos que a profesora Ángeles é tamén unha apaixonada dos poemas! Nesta ocasión, do libro "Versos para contar estrellas" de Juan Carlos Martín Ramos, elixiu unha cun significado moi especial: "El cero a la izquierda". Ese número tan débil sobre o que tantas expresións con matices negativos escribiuse e que, con todo , tantas connotacións positivas posúe e ninguén as remarca!

O tempo foi demasiado limitado, polo que pactamos que volveremos contar con ela na súa próxima visita a Vigo.

Aquí vos deixamos un moi breve resumo das súas sesións de animación á lectura. Por razóns de peso, ademáis de moi abreviado, houbo que dividilo en duas partes:
Parte I:
Parte II:


Moitísimas gracias Ángeles por facernos un oco na túa axitada axenda!
Esperamos poder contar contigo moi pronto!!

No hay comentarios: