4 Marzo
"Rosa Caramelo"
Ainhoa e Cayetana (5º B) proporcionáronnos unha especial sesión de contacontos,
con animación incluída.Puxeron voz á tenra historia de Adela Turin, na que a elefantiña Margarita, non logra alcanzar as expectativas dos seus desconsolados pais, a pesar do seu esforzos por facerlles felices.
A súa vida vese reducida a un único obxectivo: lograr o estereotipo de beleza (pel rosada e uns ollos grandes) que lle permitan casar. Leva así,unha vida sumisa, triste e illada, fronte á vida alegre e en absoluta liberdade dos seus curmáns e amigos, que viven despreocupados da súa beleza e alleos aos sacrificios que conleva lograla.
O máis fermoso da historia, é o seu final: a elefantiña non só logra saír do xardín e ser feliz sendo como é, senón que serve de exemplo a todas as demais. Coa súa lectura e a súa caracterización personalizada, Ainhoa e Cayetana lograron o seu obxectivo: transmitir ao seu público a necesidade de respectar a diversidade de xénero e a obsolescencia de clichés: as cores son só cores, os deportes son só deportes, os oficios son só oficios...e todas as persoas, independentemente do xénero, poden usalos e practicalos sempre que sexa o seu desexo.
Bravo!! Parabéns pola vosa animación personalizada, a vosa colaboración e o voso éxito.
Esperámos de novo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario