martes, 19 de marzo de 2024

 18 Marzo

O mundo mineral nas nosas mans

Hoxe, o alumnado de 2º (E.P.), recibiu unha visita moi especial: Luísa, unha xenerosa mamá que fixo un huequiño na súa axenda para compartir con todos o seu fascinante traballo como enxeñeira de minas.

Tras achegarnos ao seu espectacular traballo a través dunha proxección , permitiunos tocar os diferentes minerais e aprender moitas cousas sobre eles.
Moitísimas grazas, Luísa, pola colaboración e por achegarnos a este mundo tan marabilloso que nos ofrece a natureza.

No hay comentarios: