sábado, 2 de marzo de 2024

 29 Febreiro

"Así es mi corazón"


Yanira, Alicia, Carla e Elena, (5º A), elixiron esta fermosa
historia de
Jo
Witek para a sesión de contacontos de hoxe.

Con ela, guiáronnos a través do complexo mundo dos sentimentos que cohabitan no noso corazón: alegría, tristeza, enfado, medo, tranquilidade, axitación...

Coa axuda dunhas marionetas de creación propia, lograron ilustrarnos todo o mundo de sensacións e reaccións que van espertando ou pronunciándose segundo a experiencia que os provoque: as risas cantarinas e bulliciosas dos días alegres, a sensación de albergar un elefante que nos oprime impedíndonos respirar nos días tristes, a axitación que nos volve eléctricos mentras agardamos unha gran sorpresa, a necesidade de escondernos na poliña da nosa árbore secreta, para illarnos de todo e de todos, nos días nos que sentimos a necesidade de estar sós...

Bravo ! Foi unha gran elección e unha amena e divertida sesión!
Moitísimas grazas polo voso esforzo e perfecto traballo e parabéns polo voso gran éxito!

Esperamos vervos pronto!


No hay comentarios: