22 Marzo
Uns corredores moi artísticos !
La Princesa Margarita versionada por 5º EP |
Tras a súa primeira fase dedicada á pintura, (na que os corredores se encheron de cor con orixinais versións pictóricas), agora, ao chegar ao final do segundo trimestre, tomou protagonismo o mundo da escultura.
E tamén entrou ao paso xa, o mundo da arquitectura, ainda que alcanzará o seu maior auxe no tercer trimestre.
Convidámosvos a realizar un paseo polas zonas de exposición dos distintos niveis onde poderedes gozar dunha imaxinativa Princesa Margarita en 3D ( mostra da creatividade creadora do alumnado de 5º EP que versionou á protagonista de "Las Meninas" de Diego Velázquez),
"O noso Skylyne de Manhattan" de 4ºEP |
e unha peculiar visión do "skylyne" de Manhattan, (producto do inxenio do alumnado de 4º EP), onde non faltan ningunha das míticas siluetas que o conforman: o Empire Estate Building, a agulla do edificio Chrysler, ou o One World Trade Center!! Para a súa mellor interpretación, acompañaron o conxunto cunha imaxen colorista ao estilo Michael Tompsett colocada aos pes da obra, e no fondo, na fiestra, o seu título: "O noso skylyne de Manhattan"
Non volos perdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario