21 Marzo
"Emmie es invisible" no Club de Lectura
Os ávidos lectores do Club de Lectura, da profesora María,deron comezo xa a unha nova obra: "Emmie es invisible".
Nela, a súa autora: Terri Davis, axúdamos a reflexionar, dun modo gráfico e ameno sobre o escuro mundo que nos envolve cando nos sentimos invisibles para os demais, o poder da amizade, e o cambio radical que produce en nosos xuízos o coñecer máis en profundidade, tanto ás persoas que admiramos, como a aquelas ás que facemos de menos.
Tres dos seus membros: Julia, Iván y Gael, compartiron con nós a súa opinión sobre esta interesante lectura. Non vola perdades na próxima entrega de Leolo Comunica!
No hay comentarios:
Publicar un comentario