miércoles, 3 de abril de 2024

 2 Abril

Concurso de Banda Deseñada e outras novidades


Os amantes da banda deseñada están de parabéns!

Xa se confirmaron as bases e o prazo de entrega para participar no III Concurso de Banda
Deseñada! Non volo perdades!

Animarvos e participar xa!

Tomade as ferramentas de debuxo e ... a comenzar!

Outras Novidades:

1ª. A Biblioteca segue experimentando cambios! Unha parte importante do equipo de Biblioteca compóñena os Auxiliares que, cada día, poñen o seu tempo ao dispor dos usuarios.

Cando necesitedes a súa axuda para atopar un exemplar, devolvelo ou realizar calquera consulta xa poderedes recoñecelos polos seus novos chalecos identificativos!


2ª.
Xa está dispoñible na corchera exterior o novo calendario para reservar á sesión de contacontos do recreo! Os máis dilixentes xa reservaron as súas sesións. Dávos présa para non quedarvos sen oco neste terceiro trimestre!




No hay comentarios: