sábado, 23 de marzo de 2024

 22  Marzo

Novo éxito da Sesión de "Contacontos de Familias"!

Este venres, Zaira e Xian
deleitáronnos coa última sesión do trimestre.
Nesta ocasión a obra elixida foi unha das historias da exitosa serie de Os xemelgos Treetop, creada por Cressida Cowel: "Os xemelgos Treetop en busca dun oso polar". Os asistentes seguiron con gran atención a aventura. Ao finalizar esperáballes unha sorpresa: un taller no que cada un puido personalizar o seu propio oso polar! Un momento moi divertido co que os máis pequenos gozaron mostrando a súa imaxinación! Parabéns a Zaira e Xian polo seu gran éxito. E moitísimas grazas por cedernos o seu tempo.
A continuación deixámosvos un breve resumo da sesión, como ventaniña ao que alí ocorreu, para aqueles que por calquera circunstancia tiveron que perdela, e como "ventaniña" ao recordo do vivido, para aqueles que tivestes a sorte de gozala! Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración e a vosa presenza!


Desexámosvos unha feliz Semana de descanso e esperamos vervos a todos
na primeira sesión do terceiro trimestre!


No hay comentarios: