14 Marzo
"El monstruo de colores" pon en orde as nosas emocións.
Cada segundo da nosa vida pode ser diferente, porque basta un só segundo para que todo cambie e se poña do revés.
Paralelamente, en consecuencia, nun só segundo pode cambiar o noso ánimo, pois vai da man da experiencia que estamos a vivir. Iso fai que o noso ánimo non podamos elixilo! Pero si que podemos xestionalo!
Pero, como xestionar algo que non sabemos o que é? Imposible!
Por iso é necesario saber identificar todos os nosos sentimentos!
Como? Celia e Aixa (4º A), trouxéronnos á sesión de Contacontos: "O Monstro de Cores", de Anna Llenas, para axudarnos a identificalos.
E aínda máis: acompañaron a lectura coapráctica visual, axudándonos a poñelos en orde nos seus respectivos botes de cores segundo as instrucións do conto!
- Desexo compartir o que me pasa con todos...? Sinto alegría!...Bote amarelo..
- Sinto que se produciu unha inxustiza e algo me queima como un lume que non se pode apagar... ? Sinto rabia! Pero non debo descargala nos demais!... Ao bote vermello...
- Síntome pequeniño, inferior, incapaz de executar o que me piden... ? Sinto medo! ...Ao bote negro...
- Síntome lixeiro como unha folla ao vento, respiro con profundidade...? Síntome en calma!...Ao bote azul...
Parabén mozas pola vosa divertida e práctica lección.
Esperamos vervos de novo moi pronto con outra amena lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario