martes, 27 de febrero de 2024

 27  Febreiro

"Qué es el amor?"

Esta foi a obra elixida por Ángela  Antía (3º A), para a 
sesión de contacontos de hoxe.

Hai en algures unha definición estrita e oficial do amor? Emma non a atopou.

Pero, a través das persoas que o sentiron, vai descubrindo que o amor é algo fermoso, que chega moi despaciño, doce e tenro, que che fai vibrar como cando o teu equipo mete un gol no último minuto, e acende o teu corazón como un motor que arrinca á primeira.

E se chega e non sabemos recoñecelo? Non cabe dúbida de que o recoñeceremos, pois as súas sinais son inequívocas! Estar namorado é unha suma de pequeniños pero importantísimos detalles, como: ser atento, facelo todo xuntos, repartir as cousas entre dous cando só hai para un... E, sobre todo, non é algo que se busca ou se espera, pois, é algo que chega só.

Unha fermosa obra de Davide Cali, que non só serve para explicar aos nenos este sentimento básico, senón que serve tamén para lembrar aos adultos o importante que é manter vivas eses pequenos sinais que, a miúdo por caer na rutina, esquecéronse (estar atentos, compartir, repartir entre dous cando non é suficiente, facer cousas xuntos...)

A Emma quedoulle ben claro, sobre todo, que non debe preocuparse por esas cousas para non acabar mal, na cama e con febre. Debe esperar a que chegue soiño!

Ao finalizar a sesión, o público empleouse en darlles un caluroso aplauso!

Noraboa! Esperamos volver escoitarvos pronto!

Se queredes lela vos mesmos, non dubidedes en buscala na Biblioteca!



No hay comentarios: