23 Febreiro
"¡Fuera de aquí horrible monstruo verde!" e "O gato Lambón" no "Contacontos de familias"
A obra de Patacrua, "O gato lambón", foi unha das elixidas este venres para a sesión de Contacontos de Familia .Este gato insaciable divertiu ao numeroso público presente co seu voraz apetito e o seu texto encadeado.
E, ao finalizar a sesión, o peculiar e "obediente" monstro verde de Ed Emberly, que nos axuda a ver como nós mesmos podemos controlar e desmontar os nosos medos, proporcionou aos pequenos oíntes a oportunidade de gozar creando as súas propias versións, un pouco máis inofensivas ainda que igual de coloridas, do tremebundo monstruo!
Un novo éxito do "Contacontos de Familia" que, segue mantendo a súa audiencia grazas á calidade das presentacións das familias participantes, ás que transmitimos a nosa sincera gratitude pola súa absoluta colaboración e encomiable esforzo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da sesión e vos invitamos a todos a sumaros a disfrutar da seguinte!
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario