sábado, 17 de febrero de 2024

 16 Febreiro

Lembrando a Rosalía

Coa proximidade do 23 de Febreiro,
o expositor da Biblioteca
énchese de cor para ofrecervos a todos, titores e alumnado, as obras máis destacadas de Rosalía.
Os amantes da música e aqueles a os que a lectura lles dá preguiza, atoparán no expositor a súa obra feita melodía na voz e guitarra dun dos seus máximos divulgadores: Amancio Prada.

Non deixedes de botar unha ollada para coñecer ou lembrar o máis coñecido da escritora galega cuxa obra traspasou fronteiras rexionais e nacionais.

Así é. O seu papel relevante como pioneira no s.XIX, tanto como matriarca do idioma galego como de emancipación da muller, levouna a ser engadida pola compañía aérea
Norwegian na lista de personaxes icónicos que desafiaron os límites e normas establecidos, na Historia, as Artes e as Ciencias dos países nórdicos, Reino Unido e España para ser homenaxeados na cola dos seus avións. Como xa o fixera con outros pioneiros como Cristóbal Colón

e Juan Sebastián Elcano, Miguel de Cervantes, Gloria Fuertes e Clara Campoamor, a británica Amy Johnson, o explorador noruegués Roald Amundsen ou a actriz sueca Greta Garbo. No seu 180 aniversario un Boeing 737-800 elevou a imaxe de Rosalía máis aló das máis altas cotas terrestres.

No panorama nacional, a importancia da súa obra literaria tamén quedou patente ao ser elixida para figurar na primeira

Billete con Rosalía (en el reverso, su Casa-Museo)  
emisión de billetes da Monarquía xunto a Clarín, B. Pérez Galdós e J. Ramón Giménez (500, 200, 1000 e 2000 pesetas respectivamente).

No territorio galego, non só queda patente a súa importancia na celebración do Día de Rosalía con motivo do seu aniversario (23 de Febreiro), senón tamén na elección da data para celebrar o Día das Letras Galegas: 17 de Mayo, día no que se publicou unha das súas obras poéticas máis importantes: "Cantares Galegos"(1863).

Caldo de Gloria.
En restaurantes y concursos para
homenajear a Rosalía de Castro
Pero, a súa obra alimenta non só a alma
senón tamén o estómago!: Na "súa terra",
desde Padrón a Santiago, é coñecido
o"Caldo de Gloria".

Un sinxelo manxar de supervivencia que Rosalía deixa por escrito no seu poema "Miña casiña, meu lar" e que desde hai anos, a Fundación Rosalía de Castro integra na ampla gama de eventos dedicados á autora durante estas datas co apoio de cociñeiros e chefs de renome. Mesmo che permite elaboralo na túa empresa ou colexio facilitándoche os aveños necesarios para a súa presentación!

Convidámosvos a que coñezades a axenda de eventos que a
Fundación Rosalía preparou este ano 2024. E se logrades participar nalgunha das actividades facédenolo saber para compartir a vosa experiencia con todos. A continuación facilitámosvos a ligazón da Fundación de Rosalía mediante o cal poderedes
elaborar o seu suculento Caldo de Gloria, participar na Alborada, e coñecer outras datas relevantes como exposicións (O herbario de Rosalía) ou o X certame poético Rosalía de Castro:

https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/dia-de-rosalia-2024/


Feliz Día de Rosalía a todos!



No hay comentarios: