2 Febreiro
"Mi unicornio se tira pedos de purpurina"
Este venres, Martina e Martina(de 3ºA), regaláronnos unha sesión de Contacontos moi tenra na que o traveso unicornio creado por Suzanne Barton, mostrounos como a pesar das incómodas trasnadas e imperfeccións das persoas que queremos, (que, ás veces, parecen chegar ao límite do insoportable!), estas non dubidan en dar o mellor de si mesmas prodigando a súa xenerosidade e solidariedade nos momentos nos que nos ven sumidos na tristeza, na soidade ou enfermiños.
Moitas grazas por deleitarnos con esta tenra historia e parabéns polo voso éxito.
Volvede pronto con outra fermosa historia. Esperámosvos!
Lembrade que:
Se queredes participar e ser os seguintes en contarnos un conto, só tedes que apuntarvos no calendario de participación que se atopa no taboleiro á entrada da Biblioteca.
E se, por algún motivo, decidides cambiar de data, borrade os vosos datos para deixar a sesión libre para outros compañeiros, pois sodes moitos os que queredes colaborar.
Moitas gracias pola vosa colaboración!
Seguide así! Contamos con todos vós para encher a Biblioteca de alegría e fermosas historias compartidas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario