6 Febreiro
"Buscando a Nemo" con Noa e Paula
Vinte anos despois da estrea da película gañadora do Óscar á mellor película deanimación (2003), o seu pequeno protagonista segue sendo un dos amimaliños preferidos dos nenos.
A aventura deste peixe globo tan peculiar, foi a elixida por Paula e Noa (3ºA) na sesión de contacontos deste martes.
Coa tenra historia deste pequeno peixe coa súa aletiña atrofiada e a súa gran amiga Doris, un peixe cirurxián con moi boas intencións pero cun gran problema de memoria, Paula e Noa lembráronnos a importancia de respectar a diversidade así como o importante que é a colaboración corporativa para unha óptima convivencia!

Todos os asistentes quedaron encantados coa aventura e demostrárono cun gran aplauso.
Parabéns polo voso éxito!
Esperámosvos de novo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario