27 Febreiro
O Club de Lectura de Adultos xa ten obra e data!
A obra elixida, é "El hombre de los círculos azules", de Fred Vargas.Unha obra policiaca, pero non ao uso! Nela o lector atopará momentos e motivos para sentirse inmerso en todo tipo de emocións.
Non en balde, o xurado que lle outorgou o Premio Príncipe de Asturias en 2018, destacou da súa obra "a orixinalidade das súas tramas, a ironía coa que describe os seus personaxes, a profunda carga cultural e a desbordante imaxinación que abre ao lector a horizontes literarios inéditos".
Fred Vargas, seudónimo de Fréderique Audoin-Rouzeau (París, 1957) |
Alguén vai sementando París de grandes círculos azuis en cuxo interior deposita obxectos correntes... coma se dun xogo se tratase. Un xogo? O enigma complícase cando os obxectos ceden o paso a cadáveres! Só o comisario Jean-Baptiste Adamsberg podía intuír que ese paso acabaría producíndose, pero... Poderá, o caótico e desaliñado, pero meticuloso, analítico e intuitivo comisario, chegar a desvelar o misterio con axuda do seu sexto sentido?
Convidamos a toda a Comunidade Educativa a desvelalo e a participar na próxima sesión deste fantástico Club que terá lugar:
- na Biblioteca do Colexio,
- o vindeiro venres, 10 de Mayo,
- ás 17 horas!!
Esperámosvos para compartir con todos a ilusión pola lectura! Unha Familia que le, é o mellor exemplo para obter nenos amantes da lectura! A lectura, ademais de ser o mellor modo de vivir experiencias extraordinarias, é tamén o mellor antídoto contra a ignorancia e a escaseza de perpespectivas!
Vémonos! Contamos con vos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario