8 Febreiro
Antía y Mauro ensínanos a "Buscar"
Hoxe Mauro e Antía (2º), trouxéronnos á sesión de contacontosun fermoso libro de Olga de Dios: "Buscar". Un libro dedicado pola autora a << todas as persoas que, cando levantas a mirada, descobres que están ao teu lado>>. Este fermoso libro lémbranos que, en efecto, demasiado a miúdo os humanos igual que fai o protagonista da historia, absorbémonos na procura de obxectivos ou na resolución de pequenas inquietudes, esquecendo que ao noso redor hai todo un mundo fermoso cheo de persoas dispostas a axudarnos, apoiarnos, acompañarnos ou que á súa vez precisan da nosa axuda dun xeito urxente...
Moitas grazas por lembrárnolo con esta amena lectura!
Parabéns Mauro e Antía pola vosa excelente elección e felicidades polo voso éxito!
Non tardedes en volver! Contamos convosco para unha nova colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario