sábado, 2 de marzo de 2019

Xoves 28 de Febreiro

Cita do Club de Lectura con "Matilda"

Este xoves, os membros do Club de Lectura tiñan unha cita  moi especial.

A profesora Rocío, convidoulles a unha sesión de cinema coa protagonista da súa última lectura: Matilda, de Roald Dahl.

Gozaron cada minuto da sesión co uso dos poderes telequinéticos da nena para desfacer as "inxustizas"




E dada a brevidade da sesión, xa teñen cita nos posteriores recreos para non perderse unha soa fazaña da peculiar protagonista que, ademáis de divertirlles, ensínalles (ademais da importancia da imaxinación e da lectura), a importancia da amizade, o valor dos profesores, a xustiza e a bondade.  

Seguide así, rapaces, lendo moito e disfrutando ca lectura!

No hay comentarios: