Venres 1 de Marzo
Ó entroido co noso selo de identidade!
Seguindo co Proxecto "Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio":
O pasado venres, os estáticos monumentos vigueses cobraron vida e as xentes traballadoras de outrora visitaron o presente, nun colorido e divertido desfile protagonizado polo alumnado do colexio.
Desde o máis chiquitín ata o de máis idade participou con alegría nunha mostra do que foi Vigo onte e o que ten hoxe.
Alí déronse cita: Sirenitos portando unha pancarta: "Co Sereo chegamos ao ceo", o poboado fondo mariño da nosa Ría, simpáticos Dinosetos, enérxicos ferreiros de Eugenio Fadrique, mariñeiros e pescadores acompañados das súas imprescindibles vendedoras de pescado, vendedores de produtos frescos... E ata unha elaborada mostra daqueles sinxelos cidadáns que, con gran valentía, protagonizaron unha auténtica "Reconquista" da súa cidade, enfrontándose ás tropas napoleónicas que en 1908 quixeron asentarse nela.
Non faltou ninguén!
Sirva de mostra o breve vídeo que vos amosamos.
Todo saíu á perfección! E, como ocorre en toda labor de equipo, iso significa que todos os implicados, nenos e adultos, deron o mellor de si mesmos para que isto ocorrese.
Por iso, grazas a todas as familias por involucrarse tanto na elaboración de disfraces e atrezzo, a todas as persoas voluntarias que colaboraron no desfile e, por suposto, a todos os alumnos que o gozaron.
Parabéns por tan fermoso resultado.
Vémonos o próximo ano, non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario