18 de Marzo
Para un Vigo Limpo e respectuoso co Medio Ambiente
Se algo gusta atopar nunha cidade a calquera transeúnte, residente ou foráneo, por encima do seu patrimonio histórico ou a súa gran oferta cultural ou de lecer, é a sensación acolledora dos seus cidadáns, a súa implicación na orde e limpeza das súas rúas e o respecto polo
seu medio ambiente.
É por iso que, este valente grupo de alumnos de 2ºB, (Marcos, Estela Ruth e Gabriela) propúxose un loable obxectivo: lembrar a todos que se
o medio ambiente incúmbenos a todos, o seu coidado e conservación, ha de ser tamén, cousa de todos.
Así llo fixeron saber a todos os seus compañeiros de 2º A. Cunha profunda e elaborada exposición que abarcou, non só os coñecementos e importancia da Reciclaxe, senón os principios que todos debemos coñecer sobre o noso Medio Ambiente para poder interactuar correctamente con el.
Eles puxeron o gran.
Esperemos que, entre todos, frutifique, polo ben dá nosa cidade e ou seu contorno.
Bravo rapaces! Seguide así, informándonos e concienciándonos a todos do importante que está en xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario