sábado, 2 de marzo de 2019

Mércores 27 de Febreiro

Recitando a Rosalía

A profesora Pilar organizou no recreo un recitado de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro. 

Pequenos e maiores gozaron unha sesión moi divertida lembrando á poeta. 
Versos como os de "Adios  ríos, adios fontes",  


e  tamén outros non tan universalmente coñecidos pero igualmente profundos como "Cando era tempo de inverno", invadiron a Biblioteca cun aire nostálxico e alegre acorde co ánimo que transmitían as obras elixidas polos valentes protagonistas.

Aquí  deixámosvos un breve resumo en dúas partes.                                             
Noraboa rapaces pola vosa colaboración!
Seguide así!!                    

No hay comentarios: