20 de Marzo
O aeroporto ven á aula. Os avións aterrizan en 2º.
Moitos anos transcorreron desde que os veciños de Vigo, Lavadores y Mos, unidos por un interese común, (o progreso do seu pobo), fixeran realidade coas súas mans e o seu esforzo, o que a economía do momento non permitía: a creación dun aeroporto.
O 27 de abril de 1954
producíase un feito histórico: o
primeiro avión, un DC-3 da compañía Iberia, procedente de Madrid, tomaba terra naquela pista creada por eles, quedando inaugurado Peinador.
Desde ese intre, a súa transformación
e o progreso da cidade de Vigo camiñaron da man.
Os alumnos de 2º recibiron unha visita moi especial para coñecer máis sobre este tema.
O pai do seu compañeiro Enrique, visitounos para ensinarlles moitas cousas interesantes: as partes dun aeroporto, os tipos de avións, as
profesións que se relacionan co aeropuerto, as medidas de seguridade...
tamén lles trouxo un montón de maquetas de distintos avións .
Foi unha charla moi bonita e moi didática.
Moitas gracias, Alfonso, pola túa xenerosidade ao compartir con nós este tempo inesquecible!
Se queredes saber máis sobre a orixe de Peinador, proxectos previos, elección do emplazamento, o por qué do nome, etc. podedes acceder a estas páxinas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario