12 de Marzo
Faro de Vigo. Decano da prensa Nacional.
 |
Ejemplar Año 1 |
Na Semana da Prensa non podemos evitar o facer mención dun dos nosos orgullos:
posuír un xornal que pasea o nome da cidade olívica alá onde un exemplar se venda, e que posúe a honra de ser o Decano da Prensa Nacional.
Desde que se imprimiu por primeira vez o 3 de Novembro de 1853 sendo Vigo aínda un pequeno pobo de pescadores, (pronto cumprirá 169 anos!), o seu obxectivo de loitar polo desenvolvemento da súa localidade cumpriuse con creces. Tal vez o segredo reside na súa principal característica: a Obxectividade.
 |
Vigo en 1878 co yate Saint Michel III de Julio Verne |
Moitas foron as noticias publicadas desde os seus inicios. Desde visitas ilustres á cidade (o Rey Alfonso XIII e o Kaiser Guillermo II, Julio Verne...) a acontecementos sorprendentes (a proba na Ría do minisubmarino de A. Sanjurjo Badía...).
Moitos colaboradores célebres habituales: Álvaro Cunqueiro, Valentín Paz-Andrade, Manuel Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán, Gonzalo Torrente Ballester, ...
E, até contou tamén co máis popular vendedor : Manuel Castro. A súa curiosa sintonía entre o seu dedo índice e o vértice do xornal levouno primeiro a un estudio de TVE para ser entrevistado, e á rúa Príncipe despois, para ser inmortalizado, engrosando coa súa imaxe a lista de iconos da cidade.
Convidámosvos a pasear coa vosa familia, buscar a súa escultura, e compartir o momento, imitando a súa pericia, na exposición do voso rellano.
Podedes tentar executar os seus malabares, como fai o voso compañeiro, para levalo xa practicado.
Se queredes coñecer máis datos moi interesantes da historia da vosa cidade a través das noticias de Faro de Vigo, ou sobre a historia do propio periódico, podedes acceder a algunha de estas páxinas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario