8 de Marzo
Heroínas silenciosas. Grandes figuras
na nosa vida.
Moito tempo transcorreu desde aquel 19 de marzo de 1911 en que Dinamarca, Alemaña,
Austria e Suíza decidisen celebrar por
primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora. Moitos foron os países
que se uniron desde entón á súa celebración. E moitos foron, tamén, os nomes de persoas destacadas en todos os campos, (Ciencia, Pintura,
Literatura, Política, Historia…), os que saíron á luz desde que en 1975, as Nacións Unidas, decidisen
institucionalizar o Día Internacional da Muller, en
conmemoración da súa loita por participar na sociedade e no seu desenvolvemento
íntegro como persoa.
As súas fazañas, proclámanse cada ano por todos os recunchos. Como
homenaxe e, ao mesmo tempo, como exemplo para as novas xeracións.
Pero, hoxe, quixemos render homenaxe, tamén, a un grupo de heroínas moi especiais, cuxa pericia para converter o peor dos nosos días no día máis fermoso, non quedou rexistrado, (polo menos de momento), en ningún libro pero... si, na nosa retina e nos nosos corazóns.

O seu esforzo silencioso, a súa entrega e o seu agarimo, van
marcándonos, fortalecéndonos, modelándonos, axudándonos a
converternos no que somos.
O alumnado de 2º homenaxeou dun modo moi especial a esa persoa ou persoas que para eles é un referente. Ninguén quedou no esquecemento: as mamás, as avoíñas (que desempeñan un papel tan importante na sociedade actual!), as tías, as curmás e mesmo as profesoras!, compartiron lugar de honra no taboleiro de 2º.

Nós, coa nosa alegría, a nosa actitude, o noso
comportamento, o noso modo de ser, somos ese libro aberto ao público no que todos verán grabado o resultado do seu esforzo e da súa vida silenciosa.
Para todas elas, a nosa homenaxe!
Moitas gracias por estar sempre ahí dando exemplo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario