domingo, 17 de marzo de 2019

13 de Marzo

Un Mundo de Noticias

Con motivo da Semana da Prensa Mundial, preparamos un especial "Rincón da Prensa" no que se pode analizar e comparar diversas publicacións de distintos países.


No mundo enteiro, a prensa é o eco da vida, o reflexo da sociedade e o medio de coñecer o que ocorre no contorno e en calquera punto do planeta.
Toda a prensa ten un mesmo obxectivo: informar do que ocorreu, está a ocorrer ou ven vai ocorrer. De modo que,mediante un texto informativo ou ben dun texto de opinión, un mundo de noticias de todo tipo enche as páxinas escritas dos xornais de todo o mundo. 
Esta semana, na Biblioteca,  rodeados dunha pequena mostra de exemplares de entre os más coñecidos: galegos, alemánsitalianos, franceses ou canadienses puidemos observar que todos buscan o mesmo: dar a noticia dun modo que chame a atención
A  diferenza máis remarcable é a do formato. Frente a  "La Voz de Galicia", "El País", o "Faro de Vigo" editados nun formato máis manexable "Die Welt", "The Daily Telegraph", "Le Monde", "Le Figaro", "Corriere della Sera", "National Post"... son editados nun formato extra grande que os fai moi pouco manexables, ainda que lles permite resaltar a noticia dando prioridade ás imaxes, nun tamaño moito maior.  

Si todavía non o visitastes, estades a tempo de ollar o modo no que noutros países se relata o que ocorre no mundo.
 
 No mesmo rincón, tedes unha pequena sipnosis sobre a fundación, obxectivos e recorrido pola historia do periódico vigués: o Faro de Vigo. Non podía faltar! 

Para máis información interesante, non esquezades que podedes consultar algunha páxina como:



No hay comentarios: