23 Abril
Hoxe, "Día Mundial do Libro e Dereito de Autor"
Os alumnos de 2º A fixeron honra a esta sinalada data que hoxe se conmemoraba, cun artístico mural dedicado en exclusiva a mostrar a súa paixón pola lectura.Fixérono compartindo textos combinados con artísticas ilustracións. Pois ambos: texto imaxinativo e ilustración colorida, son os dous compoñentes principais que debe posuír un bo libro para encandear aos lectores desta idade, precisamente.
Moitas grazas apaixonados lectores por compartir e colaborar coa vosa arte para celebrar este día tan especial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario