domingo, 28 de abril de 2024

 26 de Abril 

Contacontos de Familias con Ana e Jamaica!


Este venres, gozamos dunha sesión de Contacontos de
Familias
moi especial con Ana, a mamá de Jamaica.
A primeira historia elixida:
"Dhor o compostador", de Nómadas, lémbranos o importante que é reducir os residuos. Por iso, ensínanos como se realiza o proceso de compostaxe e o importante que é coidar o medio ambiente cos nosos pequenos xestos diarios.

A segunda historia:
"Xela, superheroína de aldea", escribiuna Inma Soto tras os terribles incendios que no ano 2017 asolaron Galicia.
Nela, a autora pretende facernos cómplices dos valores positivos que posee o noso medio, animándonos así a coidalo para evitar tales desastres.
Co seu texto e as súas ilustracións científicas, busca dous obsectivos:
1. lembrarnos o afortunados que somos ao contar cunha contorna tan rica en especies vexetais e animais, as cales nos anima a coñecer a través das ilustracións, e
2. Concienciarnos da gran riqueza da vida no medio rural, e o importante de valorala e defendela.

Moitas grazas Ana e Xamaica por dedicarnos estes instantes e axudarnos a repasar algo tan importante que a miúdo se non esquece ou se desvanece polas présas ou a comodidade.

Parabéns a ambas polo gran éxito da vosa sesión!
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do gran momento:


1 comentario:

Inma Soto dijo...

Que alegría saber que Xela foi coñecer ás nenas e nenos desta biblioteca! Graciñas por abrirlle as portas :)