26 Abril
Apadriñamento Lector!
Con motivo do Día do Libro, esta semana fóronse realizando diversas actividades que tiveron como broche final unha das actividades máis esperadas polos maiores: o "Apadriñamento Lector"!Os cursos máis elevados len aos máis pequenos os seus libros preferidos. Un acto que busca promocionar a lectura, pero que paralelamente supón para todos os participantes moito máis: Aos maiores, encargados de realizar as lecturas, failles sentir que teñen unha misión moi importante, e iso, incrementa a súa autoestima. Aos máis chiquitines, o feito de recibir e acoller a uns compañeiros maiores que lles dedicarán o seu tempo e compartirán con eles as súas lecturas preferidas, énchelles de emoción. Foi unha sesión entrañable cuxos momentos quedarán gravados nos corazonciños dos protagonistas. Aquí atoparedes un pequeno vídeo cun moi breve resumo. na seguinte ligazón:
https://view.genial.ly/662c308c69513e0014e99dda/mobile-apadrinamiento-lector-dia-del-libro-2024
Parabéns a todos: profesores e alumnado porque coa vosa ilusión, esforzo e implicación lograstes que resultase unha sesión formidable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario