22 Abril
"Semana do Libro"!!!
Ler é moi importante!! Por iso, este martes, 23 de Abril, celebramos o Día Mundialdo Libro e do Dereito de Autor! Así o determinou en 1995, a Unesco, co obxectivo de fomentar a lectura. Fixouno o 23 de Abril por ser a data da morte de dúas grandes figuras da literatura: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Pero é tan importante ler... que, non lle pareceu suficiente, así que, máis tarde, en 2001, decidiu designar cada ano unha cidade como "Capital Mundial do Libro", coa tarefa de realizar actividades culturais relacionadas cos libros ao longo de todo o ano. Madrid foi a primeira cidade elixida para estrear o título (2001)! Que sorte!
No colexio, vós e as vosas familias tamén estades moi implicados durante todo o curso realizando actividades relacionadas coa lectura: Clubs de Lectura, Contacontos... Así que, esta semana, a Biblioteca vai celebrar a "Semana do Libro" para premiarvos a todos! Como? Ao longo de toda a semana atoparedes lecturas de agasallo para que vos levedes a casa! Os de Primaria atoparédelos nun carriño especial que uns auxiliares voluntarios colocarán no patio.
Os alumnos de Infantil atoparanos nunhas caixiñas especiais situadas no seu patio.
E, por suposto, tamén as vosas Familias terán o seu nunhas cestiñas no hall diante de secretaría. Non esquezades elixir o voso libro de agasallo! Feliz Semana do Libro con moitas lecturas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario