jueves, 4 de abril de 2024

Ángeles Escribano entrevistada polo equipo da nosa radio "Leolo Comunica".

Ángeles Escribano con el equipo de "Leolo Comunica"
Estes días pasados, a profesora Ángeles Escribano volveu visitarnos para obsequiarnos cunhas especiais sesións de animación á lectura. Podedes recordar a súa visita na entrada publicada neste blog o 31 de Marzo. 

Lectura sugerida por Ángeles Escribano
Naturalmente, o equipo da radio Leolo Comunica, aproveitou a ocasión para realizarlle unha entrevista e, desvelar algúns dos segredos descoñecidos para os que non tiveron a oportunidade de coñecela. E tamén para pedirlle algunha suxerencia de lectura, naturalmente!
Obviamente, para a súa extensa bagaxe, o tempo foi demasiado limitado, polo que, prometeunos que podemos contar con ela nunha nova sesión na súa próxima visita a Vigo!

O equipo de radio segue achegándonos a todas aquelas persoas que son importantes para nós, pero...
Quen compón o equipo de radio?

Na sesión de hoxe, tras a entrevista da profesora Ángeles, poderemos coñecer un pouco mellor a un dos seus membros, o seu guionista Gael.

Na seguinte ligazón, podedes acceder á súa entrevista.

https://go.ivoox.com/sq/2405435




No hay comentarios: