sábado, 20 de abril de 2024

 19 Abril

"Sal e Azucre" no contacontos

Hoxe, Ángela e Antía de 4ºA, trouxéronnos este tenro conto popular grego, versionado por Iván Prieto, que nos axuda a reflexionar sobre o difícil que nos resulta convivir, ás veces, cando as calidades, teimas e peculiaridades dos demais, xeran sentimentos e situacións difíciles de resolver entre nós.


Os protagonistas, como o azucre e o sal, o Yin e o Yang, tiñan moitas cousas en común, e... "Uns días queríanse moito e outros non paraban de discutir..." Así é a vida! E é que, aínda que as persoas quéiranse moito, ás veces discuten. Ao día seguinte vólvense a querer...

Pero, cando a falta de respecto chega, toda relación queda abocada á ruptura.


Cando se esquece o respecto e substitúese pola discusión diaria, ás veces, un sente que xa non aguanta as diferenzas do outro e toma decisións drásticas, pronuncia palabras que feren e... afástase, rompendo a relación. E, entón?
Só o amor, coa súa aliada directa, a empatía, permite perdoar e superar esas diferenzas que parecían insalvables, e a convivencia restáurase, se cabe, máis sólida e máis forte.
Esa é a clave da conviviencia: ter respecto e mostrar empatía en todo momento. E non está demais lembrar sempre o que di o vello e sabio proverbio:
"Poñamos sal nas palabras que dicimos e azucre nas que escoitamos". Sal nas nosas palabras, para que ditas con "salero" non firan a quen as escoita. Azucre nas que escoitamos, para suavizar a súa dureza e non reaccionar agresivamente a todo. Ángela e Antía souberon gañarse a atención e interese do público quen, desde o primeiro momento, seguiu con entusiasmo a divertida performance coa que animaron e ilustraron a historia.
Parabéns polo voso éxito!
Esperamos vervos de novo moi pronto!!


No hay comentarios: