domingo, 21 de enero de 2024

 19 Xaneiro

"Exposición de Arte" do alumnado de 5 anos

Os nenos e nenas de 5 anos, tamén estiveron "Artellando no Chouzo"!

Fusionando o seu proxecto curricular ("O estudo do corpo") e a primeira fase do proxecto de centro,("Artellando no Chouzo: Pintura"), realizaron unha profunda exposición de todas as súas creacións e experiencias, aberta ao público.
Unha impresionante labor na que os visitantes podían gozar de cada un dos espazos dedicados a diversas técnicas: debuxo, témpera, acuarela, óleo, colaxe... acompañados dunha proxección dos propios artistas e unha música ambiental que producía un efecto acolledor á vez que lle confería un matiz profesional á exposición.

A exposición contaba, ademais, cun "Espazo de libre creación", e un "Espazo de creatividade picassiana", os cales permitían ao visitante, non
gozar do xa creado, senón tamén interactuar dando renda solta á súa propia creatividade e a o seu sentido do humor,
convertendo a visita nun momento
instructivo, ameno e divertido.
Ademais, como en toda exposición ou evento cultural importante, os asistentes contaban cun tríptico explicativo de cada un dos elementos da exposición, para unha mellor comprensión da mesma. Foi un exhaustivo labor das súas titoras, Natalia e Lara, que deu os seus maiores froitos no momento no que, os protagonistas, acompañados dos seus proxenitores, puideron atravesar con emoción as portas da exposición para compartir con eles a súa creatividade e esforzo.
Parabéns aos pequenos grandes artistas e ás súas titoras por tan elaborada obra! Aquí deixámosvos un breve resumo da mesma por se, por cuestión de tempo, non puidestes gozala.
Se non podedes velo, podedes acceder a traves de este enlace:


No hay comentarios: