sábado, 27 de enero de 2024

 26 Xaneiro


Buscando a "Leotolda"!


Este venres, os asistentes á sesión de "Contacontos de
Familias
", puideron gozar dunha espectacular
performance da profesora Cristina na lectura da obra de Olga de Dios: "Leotolda". Ao longo dunha emocionante sesión, logrou implicar a todos os asistentes nunha interactiva procura da protagonista, axudándose do efecto lumínico dunha lámpara de luz negra que envolvía á sala nun ambiente máxico. Tras facer vibrar aos espectadores co seu orixinal modo de poñer en escena o relato, os máis pequenos deron renda solta á súa imaxinación para cumprir o reto que a historia lles esixía para chegar ao final do conto: atopar a Leotolda!

E, así, con emoción, puxéronse ao choio para facer xurdir dos seus máxicos dedos múltiples Leotoldas!

Leotoldas, que pasarán a formar parte dunha gran colección maior proporcionada por todos os lectores da obra, a través dun hashtag proporcionado na mesma lámina de debuxo que se lles facilitou: #MILEOTOLDA. Aquí vos deixamos un moi breve resumo da actividade:


Asistiron a unha experiencia moi divertida que esperemos achéguelles un pouco máis á idea de que a lectura pode ser moi emocionante e unha gran fonte de aventuras que cada un pode vivir de modo moi diferente coa única axuda da súa imaxinación.

Parabéns á profesora Cristina polo seu gran éxito e orixinalidade e moitas grazas por buscar tempo para levar a cabo a súa colaboración. Moitas grazas, tamén, a todas as familias asistentes por apoiar a actividade coa súa presenza antepoñéndoa a outros posibles proxectos familiares! Esperamos vervos a todos novamente na próxima sesión!




No hay comentarios: