30 Xaneiro
"¿A qué sabe la luna?"
Unha historia moi apropiada para o día de hoxe: "Día dapaz escolar e a non violencia", pois saber sumar esforzos e sumar as nosas diversas calidades é base dunha sociedade pacífica.
Este é o conto que Martina e Noa nos trouxeron na sesión de contacontos.
Unha tenra historia, de Michael Grejniec, que nos lembra que, cando todos sumamos as nosas forzas. podemos lograr o que individualmente é imposible. E, cando logramos algo grazas a un esforzo común, ademais da doce satisfacción que sentimos ao compartir o éxito logrado, tamén sentimos fortalecido o nexo que nos une, (-Esa noite, os animais durmiron moi xuntiños-), aínda cando a cada un móvalle un interese distinto (-A cada un sabíalle exactamente ao que máis lle gustaba-).
Ao mesmo tempo, a lectura móstranos como, en ocasións, o éxito de grandes empresas dependen dos máis pequenos detalles. Por iso, é necesario ser meticulosos nas tarefas e humildes nas nosas relacións cos demais. Non debemos desprezar ou subestimar a ninguén, pois todos temos capacidades, aínda que diferentes, e, a miúdo, o que parece máis débil ou menos importante convértese no gran salvador. (Grazas ao máis pequeniño dos animais, o que parecía máis insignificante, todos puideron lograr o seu obxectivo: saborear a lúa!) A interpretación final do peixe que non comprende a fermosa experiencia vivida por todos os esforzados animaliños, deixámoslla a cada lector! Animarvos a lelo e gozarédelo como o fixo o público asistente a esta magnífica sesión que finalizou cun gran aplauso!! Parabéns Noa e Martina e moitas grazas por servir de exemplo a quen seguirá os vosos pasos nas próximas sesións. Esperamos volver vervos pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario