17 Xaneiro
Día Escolar da Paz e a non violencia
Cilindro de Ciro. Museo Británico |
Carta Magna. Biblioteca Británica |
forzado a asinar a "Carta Magna" ("Gran Carta das Liberdades", 1215. Biblioteca Británica) na que quedaba garantido que ninguén podía invalidar os dereitos da xente, nin sequera un rei!
Eleanor Roosvelt revisando la Declaración Universal de los Derechos Humanos |
Eleanor Roosvelt como presidenta da Comisión da ONU, a "Declaración Universal dos Dereitos Humanos", Uns dereitos que, por ser universais, han de ser válidos para todo o mundo.
Pero, este martes 30 de Xaneiro (aniversario da morte de Gandhi), despois de tantos séculos de documentar e firmar para despois olvidar a existencia de nosos dereitos como humanos, (Cilindro, Cartas, Peticións, Declaracións...) un ano máis os patios colmaranse de cantos e banderines proclamando o "Día escolar pola Paz". Será un día moi alegre e cheo de cor. Pero non para celebrar que ao fin todos temos os mesmos dereitos, como debería ser, senón para seguir reclamando, (aínda!), en pleno século 21, que se respecten eses dereitos tal como indica textualmente nesa Declaración Universal o seu artigo 1º : "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".
Algo que cada día esquecen os gobernantes dos países que deciden declararse en guerra, os veciños e cidadáns que deciden dirimir as súas diferenzas pola vía da agresión e a violencia, os membros das familias que esquecen tratarse con respecto e agarimo, os nenos e nenas que non aprenderon a tratarse con tolerancia e respecto e a dialogar cos seus compañeiros, porque o único exemplo que reciben dos adultos é falarse a berros e tacharse as súas diferenzas...
Para seguir concienciando aos nenos e nenas, que serán as familias, veciños e gobernantes do futuro, tedes dispoñibles na Biblioteca un expositor con algunhas obras que vos axudarán nese importante labor.
Gozádeas e Feliz, proveitoso e eficiente Día da Paz Escolar e a non violencia a todos!
Para seguir concienciando aos nenos e nenas, que serán as familias, veciños e gobernantes do futuro, tedes dispoñibles na Biblioteca un expositor con algunhas obras que vos axudarán nese importante labor.
Gozádeas e Feliz, proveitoso e eficiente Día da Paz Escolar e a non violencia a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario