martes, 23 de enero de 2024

 23 Xaneiro


"Los tres cerditos" na Biblioteca

Unha nova sesión de contacontos, a cargo de
Brais, Martina, Paula e Marcos, animou hoxe aos lectores da Biblioteca.

Con gran coordinación, relatáronnos as desventuras con final feliz dos tres irmanciños porcinos que, polo seu diverso modo de entender a vida víronse nun gran apuro.
Lembráronnos que todo o importante require esforzo, e que a vagancia ten un prezo moi caro ao final. E, tamén, lembráronnos o importante que é contar coa solidariedade dun irmán, un amigo especial, alguén que nos socorra nos aprietos!
A historia, foi seguida con gran atención por todos os presentes ata o final da historia, instante no que, ao unísono, romperon o gran silencio da sala para agradecer cun gran aplauso o momento tan especial que os catro expertos contacontos proporcionáranlles. Parabéns mozos polo voso éxito! Esperamos darvos unha nova ovación moi pronto!
Contamo convosco! Seguide así!!


E... se vos quedastes con ganas de máis, non vos perdades a
sesión de mañá, mércores, na que Martina, en solitario, con gran valentía e ilusión contaranos : "La Oca Lucía"!!
Esperámosvos!!!




No hay comentarios: