domingo, 21 de enero de 2024

 16 Xaneiro

Brais e Martina trouxéronnos a "El Grúfalo"!

Este martes de contacontos, Brais e Martina contáronnos a
historia de
J
ulia Donaldson: "El Grúfalo".
Unha tenra historia sobre un pequeno e enxeñoso ratonciño que paseando polo bosque ensínanos, ao estilo de David e Goliat, que "vale moito máis o enxeño que a forza"!
Só co seu agudo enxeño, logra salvarse de ser a comida de inimigos tan poderosos como o raposo, o buho, a serpe...e ata do seu terrorífico inventado inimigo: o grúfalo! E todo iso coa máis serena actidude, sen tremer ou saír correndo! Bravo polo ratonciño que
elixiu o diálogo convincente aderezado de enxeño
para superar, nun enfrontamento notablemente desigual en forzas, as ambicións de tan temidos adversarios!
Os relatores gañáronse un forte aplauso e un inesperado abrazo en grupo do público asistente, que gozou por igual do argumento da historia escollida e do seu ameno modo de contala. Parabéns Martina e Brais polo voso gran éxito!

Moitas grazas por proporcionarnos uns minutos de lectura instructiva tan divertida!
Esperamos volver vervos pronto!

E, o próximo martes, non vos perdades a sesión que xa nos teñen preparada: Brais, Martiña, Marcos e Paula!
Vémonos o martes!



No hay comentarios: