21 Maio
"Día Mundial da Diversidade Cultural"
Potenciar o coñecemento da gran diversidade de culturas, enriquece á sociedade e ábrea a posturas tolerantes e de respecto ao diferente.
Con ese obxectivo, en 2001, a ONU aprobou que o 21 de Maio se establecese a celebración do "Día Mundial da Diversidade Cultural".
É un día para reflexionar sobre a importancia de saberse diferentes e respectarse como iguais. Un camiño para a paz.
Un día, o fotógrafo Uwe Ommer, decidiu abandonar a súa acomodada vida de París para percorrer os cinco continentes coa súa cámara. Atopouse con xentes marabillosas. 1.251 familias diferentes pousaron ante o seu obxectivo. Ao longo dos 4 anos que durou a súa inesquecible experiencia, puido rexistrar o máis peculiar e entrañable de cada unha delas, o que as fai diferentes e o que fai que todas xuntas sexan unha gran riqueza cultural.

Unha imaxe vale máis que mil palabras polo que para celebrar este día e cumplir co seu obxectivo: potenciar a diversidade cultural, aquí vos deixámos en forma de xogo algunhas desas familias, recollidas no seu libro "Familias. Un viaje alrededor del mundo", o que a súa vez é un resumo do seu gran Volume "1.000 familias"!
No xogo, volas acompañamos dalgúns pequenos fragmentos das súas vidas. Poñede atención a cada detalle: A palabra máis pequena, o botón interactivo, a expresión dos seus rostros, axudaranvos a realizar o percorrido pola vida de 6 desas familias dun xeito máis productivo!
Reúne a todos,
Ábreo en pantalla grande para lelo mellor
Ánimo! E a divertirse.
Ánimo! E a divertirse.
¿Cómo foi campeóns?
¡Moitisimo Ánimo!
E a seguir traballando moito
e facendo todo igual de ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario